BASES DO XIX CONCURSO DE ESCAPARATES DO NADAL 2023 CONCELLO DE ARTEIXO
PRIMEIRA.- Obxecto e finalidade. Esta iniciativa, convocada polo Concello de Arteixo, ten por obxecto incentivar e premiar ás persoas físicas e xurídicas titulares de pequenos establecementos comerciais, de servizos persoais e hostalería do municipio para que decoren os seus locais, impulsando a actividade comercial e potenciando o ambiente festivo durante o mes de decembro coincidindo coas festas do Nadal.
SEGUNDA.- Participantes. Poderán participar neste concurso os pequenos comercios, servizos persoais e hostalería que desenvolvan a súa actividade no termo municipal de Arteixo, sempre que cumpran todos os requisitos para o exercicio da actividade e teñan o escaparate decorado con motivos do nadal como mínimo durante un período comprendido entre o 4 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024.
TERCEIRA.- Inscrición e presentación de solicitudes. Para inscribirse no concurso, deberán entregar no Rexistro do Concello de Arteixo ou sede electrónica, unha solicitude de inscrición, segundo o modelo creado a tal efecto e que se inclúe no anexo. Igualmente tamén poderán presentarse por correo electrónico á dirección emprego@arteixo.org. A inscrición será gratuíta.
Unha vez rematado o prazo de inscricións elaborarase e publicarase na páxina web municipal unha listaxe de establecementos participantes.
CUARTA.- Prazo de inscricións. O prazo de inscricións comezará o día 01-12-2023 e rematará o 14-12-2023, ambos inclusive.
QUINTA.- Premios. Establécense as seguintes modalidades de premios dotados coas seguintes contías:
- Primeira modalidade
- Primeiro premio: 1.000,00 € (mil euros).
- Segundo premio: 800,00 € (oitocentos euros).
- Terceiro premio: 500,00 € (cincocentos euros).
- Segunda modalidade
- Accésit á orixinalidade: 450,00 € (catrocentos cincuenta euros).
- Terceira modalidade
- Premio por votación popular: 900,00 € (novecentos euros).
Para o financiamento destes premios existe crédito na aplicación orzamentaria 241.48100.
O xurado resérvase o dereito a declarar os premios desertos, se o estimase oportuno.
Os ditos premios estarán suxeitos ás retencións que se determine pola lexislación tributaria vixente e faranse efectivos mediante transferencia bancaria aos premiados.
Un mesmo establecemento non poderá resultar premiado en máis dunha modalidade do Concurso.
SEXTA.- Desenvolvemento.
Unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase na páxina web a relación de establecementos admitidos no XIX de Concurso de Escaparates 2023, indicándose a ligazón á ferramenta empregada para a votación popular ou mecanismo que se habilite ao efecto.
As decoracións dos establecementos serán examinadas polo xurado o día 19-12-2023 e sucesivos se fora necesario, entre as 18:00 e as 21:00 horas.
O xurado para as dúas primeiras modalidades estará composto por:
-
- Dous representantes do mundo comercial e artístico especializado/a en técnicas de escaparatismo e merchandising.
- Técnico/a do Departamento de Promoción Económica do Concello de Arteixo ou, no seu defecto, a persoa na que delegue, que actuará como secretario/a do xurado.
SÉTIMA.- Criterios de adxudicación dos premios.
- Primeira modalidade: Premios 1º, 2º e 3º.
A adxudicación dos premios primeiro, segundo e terceiro farase en función dos puntos a outorgar en cada un dos seguintes criterios por parte do xurado:
-
- A imaxe comercial e presentación do produto: ata 4 puntos
- A creatividade da decoración: ata 4 puntos
- O impacto visual: ata 4 puntos
- A integración coa actividade comercial do establecemento: ata 4 puntos
- Segunda modalidade: Accésit á orixinalidade, segundo este criterio.
- Terceira modalidade: Votación popular.
A adxudicación deste premio farase en función do resultado da votación popular efectuada desde a seguinte URL: https://arteixo.org/servizos/promocion-economica/, resultando gañador o establecemento participante que rexistre o maior número de votos. Cada persoa poderá votar soamente ao escaparate dun establecemento (un escaparate por IP). Os votos poderán emitirse desde a publicación na páxina web municipal da relación dos establecementos admitidos no Concurso, ata as 24:00 h do día 25 de decembro de 2023.
O Concello de Arteixo resérvase o dereito a descualificar a calquera participante se existe calquera sospeita de uso fraudulento das ferramentas e na forma de participar nesta modalidade do concurso. Por este motivo, poderanse tomar as medidas oportunas tales como, bloquear usuarios, descualificar contidos, usuarios ou calquera outra acción que o Concello estime oportuna.
OITAVA.- Adxudicación dos premios.
A adxudicación dos premios efectuarase a partir da valoración do xurado profesional (primeira e segunda modalidade) e polos votos emitidos na modalidade de votación popular (terceira modalidade).
O resultado do Concurso, quedará reflectido na acta correspondente, e darase a coñecer na páxina web do Concello de Arteixo (www.arteixo.org).
NOVENA.- Pago dos premios.
Con carácter previo ao outorgamento dos premios, comprobarase que os premiados propostos polo xurado están ao corrente das súas obrigas tributarias municipais, estatais e coa seguridade social e non son debedores á facenda municipal polo reintegro de subvencións. Os participantes, ao asinar a solicitude, están autorizando ao Concello a realizar as comprobacións oportunas.
Non poderán obter a condición de premiados as persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias que permitan cualificalos como beneficiarios segundo o disposto no artigo 13 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, no artigo 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e demais normativa aplicable.
DECIMA.- Aceptación das bases.
O feito de participar neste concurso presupón a aceptación de estas bases e coa aceptación da Bases do Concurso, os/as participantes asumen que a cesión de dereitos sobre a fotografías coas que poidan participar non lles confire ningún dereito de remuneración ou beneficio algún coa única excepción feita da participación no Concurso conforme as presentes Bases.