Arteixo en Nadal
XIX Concurso de Escaparates 2023 – Modalidade de votación popular
Concellaría de Promoción Económica
O Concello de Arteixo, a través da súa Concellería de Promoción Económica convoca o «XIX Concurso de Escaparates do Nadal 2023».
Rexistro de Participantes
Inscríbete totalmente gratis enviando un correo a emprego@arteixo.org e participa neste concurso de escaparates.
Agora tes a oportunidade de participar gratis neste XIX Concurso de Escaparates do Nadal 2023 para axudar a fomentar o consumo en Arteixo.
O prazo de inscrición comezará o día 01/12/2023 e rematará o 14/12/2023.
Poderán participar neste concurso os pequenos comercios, servizos persoais e hostalaría, sempre que desenvolvan a súa actividade no termo municipal de Arteixo, sempre que cumpran todos os requisitos para o exercicio da actividade e teñan o escaparate decorado con motivos do nadal como mínimo durante un período comprendido entre o 4 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro do 2024.
Podes consultar as bases do concurso aquí.
Modalidade de votación popular
Os votos poderán emitirse desde a publicación na páxina web municipal da relación dos establecementos admitidos no Concurso, ata as 24:00h do día 25 de decembro de 2023.