BASES DO XXI CONCURSO DE ESCAPARATES DO NADAL 2025 CONCELLO DE ARTEIXO
- O Concello de Arteixo, a través da súa Concellaría de Promoción Económica convoca o ”XXI Concurso de Escaparates do Nadal 2025".
- Poderán participar neste concurso os pequenos comercios, servizos persoais e hostalería que desenvolvan a sua actividade no termo municipal de Arteixo, sempre que cumpran todos os requisitos para o exercicio da actividade e teñan o escaparate decorado con motivos do nadal como mínimo durante un período comprendido entre o 5 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026.
- Para inscribirse no concurso, deberán entregar no Rexistro do Concello de Arteixo ou sede electrónica, unha solicitude de inscrición, segundo o modelo creado a tal efecto e que se inclúe no anexo. A inscrición será gratuíta.
- O prazo de inscricións comezará o día 01-12-2025 e rematará o 14-12-2025, ambos inclusive.
- Os premios estarán dotados coas seguintes contías:
- Primeiro premio: 1.000,00€ (mil euros).
- Segundo premio: 800,00€ (oitocentos euros).
- Terceiro premio: 500,00€ (cincocentos euros).
- Accésit á orixinalidade: 450,00€ (catrocentos cincuenta euros).
- Votación popular: 900,00€ (novecentos euros).
Os ditos premios estarán suxeitos ás retencións que se determine pola lexislación tributaria vixente e faranse efectivos mediante transferencia bancaria aos premiados. - As decoracións dos establecementos serán examinadas polo xurado o día 17-12-2025 e sucesivos se fora necesario, entre as 18:00 e as 21:00 horas.
O xurado estará composto por:
- 2 representantes do mundo comercial e artísticoespecializado/a en técnicas de escaparatismo emerchandasing.
- Técnico/a do Departamento de Promoción Económica do Concello de Arteixo ou, no seu defecto, a persoa na que delegue, que actuará como secretario/a do xurado. - A adxudicación dos premios farase en función dos puntos a outorgar en cada un dos seguintes criterios por parte do xurado e número de votos web na modalidade votación popular:
- A imaxe comercial e presentación do produto: ata 4 puntos.
- A creatividade da decoración: ata 4 puntos
- O impacto visual: ata 4 puntos
- A iluminación do escaparate : ata 4 puntos
- Accésit á orixinalidade, segundo este criterio.
- Votación popular na URL:
https://arteixo.org/servizos/promocion-economica. Os votos poderán emitirse desde a publicación na páxina web municipal da relación dos establecementos admitidos no Concurso, ata as 23:59 h do día 25 de decembro de 2025. - A adxudicación dos premios efectuarase a partir da valoración do xurado profesional (primeira e segunda modalidade) e polos votos emitidos na modalidade de votación popular (terceira modalidade).
O resultado do Concurso darase a coñecer na páxina web do Concello de Arteixo (www.arteixo.org). - Con carácter previo ao outorgamenlo dos premios, comprobarase que os premiados propostos polo xurado están ao corrente das súas obrigas tributarias municipais, autonómicas, estatais e coa seguridade social e non son debedores á facenda municipal polo reintegro de subvencións. Os participantes, ao asinar a solicitude, están autorizando ao Concello a realizar as comprobacións oportunas.
Non poderán obter a condición de premiados as persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias que permitan cualificalos como beneficiarios segundo o disposto na Lei. - O feito de participar neste concurso presupón a aceptación destas bases e coa aceptación das Bases do Concurso, os/as participantes asumen que a cesión de dereitos sobre as fotografías coas que poidan participar non lles confire ningún dereito de remuneración ou beneficio algún coa única excepción feita da participación no Concurso conforme as presentes Bases.