Arteixo en Nadal

XXI Concurso de Escaparates 2025 – Modalidade de votación popular

Concellaría de Promoción Económica

O Concello de Arteixo, a través da súa Concellería de Promoción Económica e Festas convoca o «XXI Concurso de Escaparates do Nadal 2025».

Rexistro de Participantes

Inscríbete totalmente gratis, entregando no Rexistro do Concello de Arteixo ou sede electrónica unha solicitude de inscrición e participa neste concurso de escaparates.
Agora tes a oportunidade de participar gratis neste XXI Concurso de Escaparates do Nadal 2025 para axudar a fomentar o consumo en Arteixo.

O prazo de inscrición comezará o día 01/12/2025 e rematará o 14/12/2025 ambos inclusive.

Poderán participar neste concurso os pequenos comercios, servizos persoais e hostalaría, sempre que desenvolvan a súa actividade no termo municipal de Arteixo, sempre que cumpran todos os requisitos para o exercicio da actividade e teñan o escaparate decorado con motivos do nadal como mínimo durante un período comprendido entre o 5 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro do 2026.

Podes consultar as bases do concurso aquí.

Modalidade de votación popular

Os votos poderán emitirse desde a publicación na páxina web municipal da relación dos establecementos admitidos no Concurso, ata as 23:59h do día 25 de decembro de 2025.

Resultado da votación popular

Comprobados os votos e calquera sospeita de uso fraudulento das ferramentas e na forma de participar neste XXI Concurso de Escaparates 2025 de Nadal do Concello de Arteixo, este é o resultado da votación popular para os 10 mellores:

ESTABLECEMENTOCONCURSOMODALIDADEVOTOS
A DESPENSA QUE PENSAEscaparates do Nadal 2025Votación popular 2025157
BALNEARIO VISIONEscaparates do Nadal 2025Votación popular 2025122
LITTLE STAR PELUQUERIAEscaparates do Nadal 2025Votación popular 2025100
ARTEIXO LASEREscaparates do Nadal 2025Votación popular 202596
COCCOLATE REGALOS INFANTILESEscaparates do Nadal 2025Votación popular 202565
MIRA HOMEEscaparates do Nadal 2025Votación popular 202557
BELASEREscaparates do Nadal 2025Votación popular 202549
STAR.CO URBAN STOREEscaparates do Nadal 2025Votación popular 202546
PELUQUERIA YOLANDAEscaparates do Nadal 2025Votación popular 202527
FLORISTERIA HADA AZULEscaparates do Nadal 2025Votación popular 202525